Thursday 02 de May de 2024

A película ONS proxéctase o venres na Fábrica


A proxección de ONS está programada para as 20:30 horas o venres día 13 de maio, no auditorio da Fábrica. A entrada é gratuíta con invitación, que se entregará desde unha hora antes no propio auditorio.

ONS, dirixida por Alfonso Zarauza, narra a historia das vacacións de Vicente e Mariña que deciden emprender unha viaxe en verán ás Illas Ons. El vén dun accidente onde sufriu diversas consecuencias psicolóxicas. A viaxe ha de ser un bálsamo para o seu matrimonio. A estancia prolóngase a pedimento del, e a medida que os días se van tornando borrascosos, segredos gardados empezan a aflorar.